Thursday 09 de May de 2024

AFAL Ferrolterra implanta un Servizo de Axuda a Domicilio especializado na atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias neurodegenerativas


Outorgar un tempo de respiro ao coidador principal, axudándolle a soportar a situación que vive día tras día; realizar tarefas de hixiene, alimentación, vestido e acompañamento, así como actividades de estimulación cognitiva no domicilio. Son os principais obxectivos do servizo de axuda a domicilio ( SAFE) que ofrece AfalFerrolterra, dirixido a persoas coa enfermidade de Alzhéimer ou outras demenciasneurodegenerativas pero tamén á/ s persoa/ s da súa contorna máis próxima.
O servizo, dirixido por técnicos/as en atención a persoas dependentes(con formación adicional específica en alzhéimer e demencias), incluyeservicios complementarios como fisioterapia, logopedia ou podoloxía a domicilio. Ademais, no desempeño do seu traballo, o persoal de SAFE detecta necesidades que se derivan aos diferentes profesionais de AfalFerrolterra (psicóloga, terapeuta ocupacional, logopeda, educadora social, traballador social…etc.), asumindo un papel de suma relevancia como apoio á familia en tarefas que en moitas ocasións non poderían realizar sós e como soporte emocional, debido a que escoitan, aconsellan e facilitan un tempo de respiro ás familias.
O servizo SAFE ofertado por AFAL Ferrolterra conta coa autorización e inscrición no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, o que garante o estrito cumprimento do normativa socio-sanitaria e o sometemento a un rigoroso control e inspección por parte da administración. Ademais, conta co respaldo dunha experiencia na atención a persoas dependentes con alzhéimer e outras demencias de máis de 20 anos
Vantaxes do Servizo de Axuda a Domicilio
O servizo de axuda a domicilio ( SAD) é un recurso de atención integral que asiste á persoa enferma, con tarefas de aseo, vestido, alimentación…, pero que tamén engloba actuacións preventivas, educadoras e/ou rehabilitadoras en relación ás actividades da vida diaria. O seu obxectivo é tratar de incrementar ou polo menos preservar a autonomía da persoa enferma e favorecer a súa permanencia no propio fogar.
Segundo un recente informe estatístico publicado polo IMSERSO ( may-2020), das case 62.000 persoas que en Galicia teñen recoñecida unha prestación do Sistema para a autonomía e atención á dependencia,o 33,52% solicitaron Servizo de Axuda no Hogar fronte a un 9,96% que solicitaron centro de Día/noite e un 10,67% que se beneficiaron de praza en residencia.

Para AFAL Ferrolterra, “o servizo de axuda a domicilio é un elo fundamental no apoio ao coidador” xa que, “lamentablemente, as prazas nos centros de Día son actualmente insuficientes para cubrir a crecente demanda”. Ademais, explican desde AFAL, o ingreso dun enfermo nun centro residencial privado “supón un gasto elevado que se incrementa de maneira directamente proporcional a medida que avanza a enfermidade. E, pola vía pública, supón un custo moito menos elevado, pero pódese estar situado lonxe do lugar de residencia do familiar”.